PSdeG-PSOE de Camariñas

Quen somos

O grupo de persoas que integran a nosa formación política que leva gobernando o Concello de Camariñas dende máis de 30 anos

Os socialistas de Camariñas somos un grupo de persoas comprometidas co noso pobo que defendemos, ante todo, a democracia e a libertade. Con esta iniciativa de SocialistasdeCamarinas.com queremos crear un punto de información xeral e política na cal mostraremos todo o traballo que levamos realizado a prol do noso Concello así como todos os proxectos que temos para próximos anos.

O grupo Socialista de Camariñas conta con 96 militantes e un centenar de simpatizantes oficiais, xente de todas idades e con diferentes profesións, todas e todos compartimos as nosas ideas progresistas e o desexo de traballar por unha sociedade máis xusta.

Máis que compañeiros, somos un grupo de amigos que se reunen con frecuencia na nosa sede, sita na Avenida da Coruña nº 4 en Camariñas. A Casa do Pobo ó lugar que pretendendemos que sexa un espazo aberto para todos os veciños do Concello de Camariñas no que poder asistir e expresar as súas opinións.

A Executiva local dos Socialistas de Camariñas é o organo de impulso político e de xestión da agrupación. Exerce a labor de coordinación da actividade da Agrupación e os seus compoñentes son elexidos democraticamente polos militantes na asamblea.

Executiva do PSdeG-PSOE de Camariñas

Presidente
Francisco Pereira Alves

Señor Chuco, veciño de Xaviña de 76 anos de idade. Contratista xubilado. Forma parte do PSOE dende 1990

Secreataria Xeral
Encarna Liñeiro Pouso

Camariñana nacida en Edimburgo no ano 1973. Casada e nai de dúas fillas, afiliada dende o 1999.

Vicesecreataria e igualdade
Sandra Insua Rial

Alcaldesa do Concello de Camariñas, licenciada en dereito, casada e nai de dous nenos.

Secretario organización
Sergio Caamaño

Xaviñán, casado e con dous fillos. Actualmente tenente de alcalde do Concello de Camariñas.

Secreatario pol. municipal
Germán Camiño

Nacido en Arou no ano 1962. Casado e con dous fillos, é empresario e afiliado dende o 1995

Secretario de benestar
Manuel Vigo

Camariñán xubilado da empresa conserveira Cerdeimar. Casado e con dous fillos. Afiliado do PSOE dende o ano 1987

Secretaria de Comercio
Mari Carmen Diéguez

Nacida en Camariñas no ano 1980. Nai de unha nena. Empresaria.

Secretaria de Educación
Maira Mouzo Canosa

Maira vive entre Arou e Camariñas, as súas dúas patrias. Casada e con un fillo, empresaria.

Secretaria de Turismo
Rosa Mouzo Pasantes

Veciña de Camariñas. Experta en turismo e encaixe. Afiliada ao PSOE dende o 2007

Únete a nos

Se eres unha persoa á que non lle gustan as inxustizas, tes inquedanzas sociais ou queres traballar para o benestar dos teus veciños, na Casa do Pobo de Camariñas encontrarás aos teus compañeiros.