PSdeG-PSOE de Camariñas

A nosa historia

Unha breve reseña sobre a historia dos homes e mulleres que forxaron o destino de partido de goberno da Agrupación Socialista do Concello de Camariñas

Primeiro foron media ducia mal contados que se xuntaron na procura da ansiada liberdade logo de catro décadas de Ditadura. Logo, como as capas dunha cebola, ampliaron o círculo e incorporaron a algún “tolo” revolucionario que concorrera as primeiras eleccións municipais amparado baixo a fouce e o martelo ou que, influído polo nordés inmisericorde, pasaba o tempo debuxando o puño e a rosa por toda a estrada do Vilán. E volveron a incorporar capa tras capa ao proxecto é entraron as primeiras mulleres en un mundo que era exclusivamente masculino. Eran os anos setenta e oitenta e nacía a Agrupación Local do Partido Socialista de Camariñas.

A primeira vitoria electoral foi tan rotunda que había máis concelleiros que militantes. A segunda xa había concelleiros e concelleira e logo viñeron a terceira, a cuarta, a quinta, a sexta, a sétima e a oitava. 30 anos de goberno dun proxecto colectivo que, por riba de quen encabeza as listas electorais, sempre mantivo como principal sinal de identidade o compromiso ideolóxico e a defensa dun modelo social onde os menos favorecidos atopan espazos para a igualdade individual e colectiva.

En toda esta singladura houbo días bos e días menos bos. Houbo conflitos, incluso entre nós mesmos -se non fose así non seríamos socialistas; houbo persecucións e ameazas contra algúns compañeiros polo terrible “delito” de ser socialistas e a algúns incluso tivemos o “privilexio” de figurar nalgunha lista elaborada por “patriotas como Deus Manda” na madrugada dun 23 de febreiro; houbo pelexas orgánicas contra todo e contra todos, incluído o propio Felipe González e a súa posición sobre a OTAN; houbo un intento de violentar a decisión dos cidadáns; houbo, e segue a haber unha marcaxe sectaria asfixiante por parte das administracións gobernadas polo Partido Popular que sempre considerou a Camariñas como a peza mestra do dominó político da Costa da Morte. Pero houbo tamén capacidade para liderar proxectos colectivos de ámbito comarcal, provincial e nacional. Poucos exemplos hai en que unha pequena agrupación, dun modesto municipio, dun territorio sempre illado e sempre esquecido polas administracións, acadase un nivel de protagonismo político semellante.

Polo camiño quedaron compañeiros e compañeiras, militantes ou non, que contribuíron a que hoxe esteamos a falar de trinta anos de goberno socialista en Camariñas. Trinta anos dun mesmo partido, dun mesmo proxecto e dun mesmo compromiso. O Partido Socialista de Camariñas non é un proxecto individual vinculado a alguén concreto, nunca o foi. Tal é así que case nunca o candidato electoral exerceu o cargo de Sº Xeral e poucos membros do Grupo Municipal conformaron e conforman as executivas locais ao longo deste período de tempo.

Por iso merecen un recoñecemento especial os secretarios e secretarias xerais, e a tódalas comisións executivas, que ao longo de todos estes anos pilotaron un bo barco que leva na súa proa dous nomes indisolublemente unidos: Partido Socialista e Camariñas. Gracias a todos eles e a todas elas, por facelo posible.

Algúns fitos históricos

Algúns fitos e notas sobre a historia do socialismo camariñán, que dende os albores da democracia española estiveron sempre ao carón dos seus concidadáns para resolver os problemas e dar solucións ás súas demandas.

Cando se fundou o PSdeG-PSOE de Camariñas?

Os socialistas de Camariñas viñan dunha época de dictadura na que estaban prohibidos os partidos de esquerda. A pesar delo as ansias de democracia e libertade fixeron de Camariñas un territorio onde sobresairon grandes persoeiros que, nas primeiras eleccións libres presentaron a primeira candidatura nas municipais de 1979

Cal foi o seu primeiro concelleiro?

A primeira candidatura do PSOE de Camariñas preséntase nas eleccións municipais do ano 1979 no que salen elixidos dous representantes dos Socialistas de Camariñas. Despois deste fito, chegarían pouco despois as continuas maiorías abosultas do PSdeG-PSOE no Concello de Camariñas con Bautista e Pichurri.

Camariñas liderando o PSOE na Costa da Morte

A peza maestra de todo o conglomerado político da Costa da Morte foi sempre Camariñas. E eso ben o saben todos os partidos da oposición, especialmente o PP que sempre tivo no seu obxectivo desestabilizar ao socialismo camariñán sempre que quixo atracar na Costa da Morte. Hoxe en día, grazas ao traballo do PSOE de Camariñas a Costa da Morte é practicamente color vermello en todas as eleccións.

O PSOE provincial sempre atento a Camariñas

A pesares da gran importancia do socialismo camariñán en todo o territorio galego tan só o mítico concelleiro camariñán Antonio J. Alonso Ballester tivo a oportunidade de defender os intereses do noso concello no hemiciclo deputacional. Así e todo, a influencia camariñana sempre se deixou notar dentro desta entidade que financiou a maioría das grandes obras do noso concello.Actualmente o camellán Juan Carlos Canosa exerce o cargo de Secretario da Executiva provincial 

Chegamos ao Parlamento de Galicia

Si, a veciña de Buría Marisol Soneira foi a representante da Costa da Morte no Horreo durante moitos anos, chegando incluso a ter o cargo de Vicepresidenta do Parlamento de Galicia. Acontecía na derradeira etapa de Marisol no parlamento alá polo ano 2015 cando Marisol incluso chegou a ser membro do Comité Federal do PSOE en Madrid. Dende un recuncho de Buría ata as altas instancias do PSOE nacional.

O futuro do socialismo camariñán

Con Encarna Liñeiro membro da Executiva Nacional Galega e María José Gerpe como Secretaria de Pesca do PSdeG, os Socialistas de Camariñas encarrilan un futuro que continúa o paso marcado polos seus predecesores e que puxeron, dentro do propio partido e das institucións públicas, a Camariñas á altura das grandes cidades galegas.