O Partido Socialista de Camariñas gañou as eleccións municipais 2019 cunha abrumadora maioía absoluta. Casi 1000 votos de ventaxa lle sacou o PSOE de Camariñas ao PP. A pesares de que a campaña electoral foi durísima para nos cunha oposición centrada na contínua crítica e nas descalificacións persoais máis burdas, dende o noso grupo humano nunca quixemos entrar ao trapo destas lamentables actitudes e tan só tratamos de amosar o noso proxecto a todos os veciños para construir a Camariñas do futuro. Sinceiramente cremos que iso foi valorado positivamente polos cidadáns e premiado cuns resultados históricos que fan de Sandra Insua e de todo o seu equipo uns clarísimos vencedores desta pasada xornada electoral. Comeza un duro traballo, temos un programa que levar a cabo e a nosa promesa foi clara e daremos todo o mellor de nos para facelo finalmente realidade. Este mesmo luns comezábamos o traballo na Casa do Pobo para valorar o espectacular resultado acadado por esta candidatura que fixo historia. Tamén nesta primeira reunión demos as primeiras pautas para definir o traballo que se levará a cabo dende o Concello de Camariñas que pasa a ter un concelleiro socialista máis. Pola nosa parte, desde esta web continuaremos traballando a prol dunha política diferente, máis cercana ao cidadán e máis humana. Atrás quedan estes derradeiros anos de lamentable política de oposición que os sucesivos candidatos do PP de Camariñas levaron á practica con crispación diaria, denuncias e insultos. E aínda que nunca olvidaremos o mal que se lle fixo ao nome de Camariñas con estas actitudes non é o momento de revanchas, é o momento de traballar todos xuntos a prol dos cidadáns do Concello de Camariñas. Tan só nos queda agradecerlles a todos os que confiaron neste novo proxecto do PSOE de Camariñas, aos anteriores alcaldes e concelleiros que apoiaron esta candidatura, aos numerosos amigos do PSOE de Camariñas que xa non están entre nos, pero sobretodo ás vindeiras xeracións polas cales comezamos a traballar . Vai por todos vos. Camariñas, unha nova etapa.