Nunha reunión mantida hai unhas semanas na sede de Portos de Galicia entre membros do Concello de Camariñas e os responsables de Portos de Galicia, a Alcaldesa Sandra Ínsua reclamou para a Vila das Palilleiras que Portos considerara rematar dunha vez a terceira fase do borde portuario de Camariñas para concluir deste xeito a tan necesaria fachada marítima. Hai que recordar que nesta zona provócase un “cuello de botella” entre carretera, aceras e borde portuario no que se pon en perigo a seguridade vial dos cidadáns. A taxante resposta de José Juan Durán Hermida foi exactamente que “esas obras non eran prioritarias para Portos de Galicia”.
Con sorpresa vimos de comprobar como a conselleira de Mar Rosa Quintana publicaba na súa conta de facebook que o consello da Xunta de Galicia acababa de autorizar o pasado mércores 5 de decembro, un megaproxecto de “remodelación do bordo portuario” en Porto do Son cunha inversión total de 4 millóns de euros. Recalca Rosa Quintana nesta nota pública que “Portos de Galicia finalizou o proxecto técnico desta actuación e licitará a obra despois de firmar o convenio de colaboración co Concello de Porto do Son”.
Dende o PSdeG de Camariñas preguntámonos como é posible que o Presidente de Portos desprece a todo un pobo que vive de cara ao mar como Camariñas negándolle o remate dunhas obras que poñen en serio risco a seguridade dos veciños da nosa vila argumentando que non son prioritarias e, sen embargo, autorízanse obras multimillonarias en outras vilas con “edificio de usos náuticos” incluído.
Camariñas volve a ser tratada como territorio de segunda pola Xunta de Galicia e deixada da man de deus en materia de seguridade por Portos de Galicia.
O PSdeG de Camariñas non está en contra de que Portos de Galicia realice megainversións noutras zonas costeiras. Ao contrario, creemos necesaria a evolución positiva de todos os portos con estas necesarias inversións. O que non toleraremos é que dende a Xunta de Galicia se menosprece a Camariñas e se xogue coa seguridade dos veciños co argumento de que “estas obras non son prioritarias para Portos de Galicia”
Por todo isto os socialistas de Camariñas convocarán unha reunión urxente da súa executiva para determinar as accións a levar a cabo dende o partido para esixirlle a Portos de Galicia a inmediata posta en marcha das obras da 3ª Fase do Paseo Marítimo de Camariñas que evite males maiores.