Gran mitin na Ponte do Porto do PSOE de Camariñas

Gran acollida na Ponte do Porto da candidatura dos Socialistas de Camariñas

O Centro Cultural da Ponte do Porto recibía á candidatura do PSOE de Camariñas cun cheo ata a bandeira na tarde deste sábado 18 de maio. Os representantes da lista electoral pola Ponte do Porto entraban acompañados de José Manuel Lage no recinto onde se celebraba o evento e un fervoroso e espontáneo aplauso dos veciños recibía ao intervintes. Era o prolegómeno que anunciaba o gran mitin, como o de Camelle, que lles esperaba a todos os asistentes.

Chegaba o momento das intervencións dos candidatos e que comezaban coa palabra de Encarna Liñeiro como Secretaria Xeral do PSOE de Camariñas e veciña da Ponte do Porto. Recolía o testigo un dos candidatos desta candidatura Santiago Martínez Roa que, aínda que era o seu primeiro acto público, soubo poñerse ao público no bolsillo en tan só uns minutos. Santi prometeu traballo e dedicación, anunciou que estará pendente de todo canto a xente lle suxira e prometeu que o Campo Municipal da Grixa terá proximamente un novo céspede artificial. Chegaba ao final a intervención de Santi collía o relevo a seguinte candidata pola Ponte do Porto Susa Chans que prometeu diante dos seus veciños que o seu teléfono estará dispoñible as 24 horas do día para o que fixera falta. A intervención de Susa tamén tivo o seu momento de emoción cando lembrou os sacrificios que tivo que facer esta gran muller para sacar adiante as súas fillas unha delas presente no mitin. Era o momento de que tomara a palabra a veciña de Dor Rosana Barbeira que quixo lembrar o gran traballo dos seus compañeiros nestes anos atrás. Tamén tivo unha mensaxe a todos os seus veciños da Ponte, aos cales emplazaba o 26 de maio para votar en masa pola candidatura do PSOE nese mesmo lugar.

Finalmente era o Secretario de Organización do PSOE da Coruña José Manuel Lage o que presentaba á gran protagonista deste mitin, cabeza desta lista electoral e veciña durante tantos anos da Ponte do Porto Sandra Insua Rial que foi recibida cun gran aplauso de todos os asistentes. Sandra, que acudía por primeira vez a un mitin sen nada escrito como ela mesma indicou, lembrou algúns dos grandes proxectos realizados polos equipos de goberno dos que formou parte nos derradeiros catorce anos e subliñou as próximas actuacións que levarán a cabo dende o primeiro día se os cidadáns lle dan a confianza o próximo 26 de maio nas “vitais para a Ponte do Porto” eleccións municipais 2019. Pero tamén quixo meniconar Sandra na súa intervención que estará atenta a todas as suxerencias do día a día dos veciños da Ponte do Porto por moi pequenas que sexan e, tal e como dicía Susa Chans, estará as 24 horas do día dispoñible para atender a todos os que a necesiten. Remataba entre aplausos a súa intervención entre os asistentes entregados e chamaba ao estrado a todos os membros da candidatura que despedía este impresionante mitin do PSOE de Camariñas na Ponte do Porto.

Próximas actuacións do PSOE na Ponte do Porto


  • Demandaremos a segunda fase do paseo marítimo e a senda fluvial da Xunqueira
  • Construiremos beirarrúas entre o Allo e Xarás, en Curros e pavimentaremos as rúas (Alto do Penedo, Linares, Insua, Pesqueira, Pías, Xunqueira, Lugar de Xarás, Allo e Dor) e reurbanizaremos as prazas de San Roque e do Outeiro
  • Instalaremos herba artificial no Campo de Fútbol Municipal da Grixa e dotarémolo dun aparacoiro ao lado do cemiterio
  • Construiremos unha Casa da Cultura na Ponte do Porto
A candidatura do PSOE pola Ponte do Porto
A candidatura do PSOE pola Ponte do Porto

Mítins por todas as parroquias

Consulta as datas de tódolos mítins que temos programados. Neles achegarémonos a todas as parroquias do Concello de Camariñas e así poder compartir o noso proxecto con toda a cidadanía como tamén atender as suxerencias dos nosos veciños

Sábado 11 de maio ás 19:00 en Arou, no emblemático Centro Cultural  “A Estivada”. Intervirán:
– Gemma Pedreira, concelleira por Arou no Concello de Camariñas
– Germán Camiño, candidato por Arou dos Socialistas de Camariñas
– Sandra Insua, candidata a alcaldía dos Socialistas de Camariñas

Xoves 16 ás 19:00 en Brañas Verdes (no baixo de Manolo do Jaldeiro) e ás 21:00 en Santa Mariña (no baixo de Manolo de Bautista do Mango) Intervirán:
– Manuel Castro, candidato por Santa Mariña dos Socialistas de Camariñas
– Sergio Caamaño, concelleiro por Xaviña dos Socialistas de Camariñas
– Sandra Insua, candidata a alcaldía dos Socialistas de Camariñas

Venres 17 en Camelle, 20:00 no Museo de Man

– Begoña Tajes, candidata por Camelle dos Socialistas de Camariñas
– Manuel Arnosi, candidato por Camelle dos Socialistas de Camariñas
– Sandra Insua, candidata a alcaldía dos Socialistas de Camariñas

Sábado 18 na 19:00 Ponte do porto. Centro cultural.

– Encarna Liñeiro, Secretaria Xeral dos Socialistas de Camariñas
– Rosa Ana Barbeira, candidata por Dor dos Socialistas de Camariñas
– Santiago Martínez,
 candidato pola Ponte do Porto dos Socialistas de Camariñas
– Susa Chans, candidata pola Ponte do Porto dos Socialistas de Camariñas
– Sandra Insua, candidata a alcaldía dos Socialistas de Camariñas
– José Manuel Lage, 
Secret. Organización PSOE Provincial A Coruña

Domingo 19 18:00 en Xaviña Casa da Sociedad.

– Belinda Insua, Candidata por Xaviña do PSOE de Camariñas
– Sergio Caamaño, candidato por Xaviña dos Socialistas de Camariñas
– Sandra Insua, candidata a alcaldía dos Socialistas de Camariñas

Venres 24 en Camariñas 21:00 Pavilion polideportivo

MÁIS INFORMACIÓN PRÓXIMAMENTE

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *