Entrevista a Rosa Ana Barbeira candidata pola Ponte do Porto do PSOE de Camariñas

Entrevista a Rosa Ana Barbeira, candidata pola Ponte do Porto do PSOE de Camariñas

Seguimos coas entrevistas da candidatura que o PSOE de Camariñas presentou para estas cruciais eleccións municipais 2019. É o turno dunha veterana nestas lides que xa se presentou xunto a Pichurri nas primeiras eleccións que gañou O PSOE por abrumadora maioría. Pero a pesares desa veteranía, tal e como nos comenta ela, chega con máis gañas que nunca para facer grandes cousas polo seu concello. Estamos a falar de Rosa Ana Barbeira Fandiño, unha muller de Dor (Ponte do Porto), nai traballadora, nacida no ano 1973, casada e con dous fillos mozos a pesar da súa xuventude. Sempre involucrada na educación e coa escola, formou parte en varias ocasións da ANPA do Colexio da Ponte do Porto. Na actualidade traballa no sector servicios nunha empresa de limpeza. Isto é o que nos contou na súa entrevista.

Boas tardes Rosana, a pesares da de ser unha veterana nas listas a pregunta de rigor temos que facela igual: ¿Cal foi o motivo para poñerte na política municipal?
(Risas) Pois a ver que che explico. Traballar para millorar a situación do meu concello e a dos meus veciños foi sempre unha gran motivación para que dera o paso para poñerme na política. E aínda que útimamente non estexa ben visto, asegúrovos a todos que para facer algo grande pola xente do teu concello o mellor lugar para intentalo é a política municipal. Por eso animo a todos a que se animen a participar en política polo menos unha vez na súa vida. E sobretodo no PSOE que é o partido onde se respira verdadeira libertade.

¿Como ves o Concello de Camariñas a día de hoxe despois de tantos logros por parte dos diferentes gobernos socialistas?
O Concello de Camariñas, gracias aos gobernos socialistas, fixo moitísimos cambios e todos para ben dos veciños e veciñas de todo o concello. Podemos estar aquí horas e horas enumerando as grandes obras e proxectos que se desenvolveron desde que os socialistas gobernan no concello. Desde as grandes obras e infraestructuras como os saneamentos integrais de todas as parroquias incluida a Ponte (excepto Xaviña que imos facela nesta lexislatura) pasando por tantas rúas novas ao largo de todo o concello. Tamén me gustaría recordar todos os servizos sociais que se ofrecen ás persoas máis necesitadas do concello. como os nosos maiores ou a gardería que ofrece un servizo básico para que tantas nais e pais poidan conciliar a súa vida laboral co coidado dos seus fillo. Todo iso foron logros que os diferentes gobernos socialistas de Pichurri e Bautista trouxeron para Camariñas. Pero está claro que as condicións da xente cambian e sempre se pode millorar, por iso estamos aquí esta candidatura para levar a cabo un proxecto de futuro que continúe con ese arduo traballo dos concelleiros e concelleiras que nos precederon.

¿Que crees que necesita o concello para afrontar o futuro?
Creo que unha das cousas máis importantes que necesita o noso concello nestes momentos e seguir coidando dos nosos maiores. E para elo temos xa un convenio coa Deputación da Coruña que financiará a construcción do Centro de Día de Camariñas para que as persoas maiores teñan un lugar onde estar ben coidados e entretidos durante todo o día. Así moitos dos familiares destas persoas poderán ter tempo para traballar. Esta infraestructura vital para tantas familias non é unha promesa, se non que en breve será unha realidade. E todo o mundo sabe que só o PSOE de Camariñas pode facer realidade un proxecto desta envergadura.

¿Como pode o programa do PSOE de Camariñas resolver estas necesidades?
Pois como che dixen anteriormente, o programa do PSOE de Camariñas especifica moi ben como pode resolver estas necesidades. Esto é construíndo un Centro de Día, que será en breve unha realidade e con elo poderase seguir atendendo as demandas dos nosos dependentes que, por desgracia, cada vez son máis no noso concello. Para elo temos a imprescindible colaboración da Deputación Provincial que aportará a financiación necesaria para esta obra que tanto necesita o noso concello.

Que vas proponer para a túa parroquia?
Unha das propostas máis importantes para a Ponte do Porto será a construcción dunha vez por todas da Casa da Cultura. Neste edificio onde se dinamizarán tanto as actividades pedagóxicas tales como aulas de informática ou música, como tamén as actividades culturais que darán vida a nosa Ponte. Tamén quero facer mención a que temos un plan para recuperar esa gran feira da Ponte que foi o centro económico da Costa da Morte antigamente. Traballaremos arreo codo con codo con outras administracións para levar a cabo este proxecto da Feira da Ponte. Por último, pero non menos importante, tamén temos que tratar de coidar as nosas calles e prazas. É moi importante que estexamos pendentes de todas as necesidades dos nosos veciños da Ponte, escoitar as súas queixas e suxerencias será moi importante para este próximo goberno do PSOE de Camariñas.

Como definirías á candidatura da cal formas parte?
A verdade é que somos un grupo de xente moi distinta pero que nos conxeniamos estupendamente. Eu alucino coas ganas que todos teñen de traballar. Sempre que temos unha reunión ou encontro para propoñer algunha idea vexo a todos moi motivados e tremendamente activos. Como dicía meu compañeiro José Francisco de Camariñas, son xente preprarada e moi traballadora e responsables, con moitas ganas de servir aos seus veciños e de facer moitas cousas para millorar o Concello de Camariñas. Unha verdadeira maravilla de persoas.

Que nos poderías dicir da nosa candidata e Alcaldesa Sandra Ínsua?
Persoa responsable e comprometida co seu traballo onde as haxa. Eu teño a sorte de coñecer a Sandra Insua dende fai moitos anos e gustaríame dicir que, a pesares da súa posición de alcaldesa nunca cambiou e sempre foi a mesma persoa. Unha muller exemplar dos pes á cabeza… quen lle dera a outras ser a metade que a nosa Sandriña! (risas). Sempre ten a porta aberta para todo aquel que o necesite e nunca pide nada a cambio. Esto sábeno ben todos os veciños do concello, ninguén pode dicir o contrario. E eso xa di moito dela. Temos unha xoia de alcaldesa.

Última frase para animar a todos os vecinos a votar pola nosa candidatura
O Concello de Camariñas necesita seguir medrando como ata o de agora, e para elo temos que apoiar a Sandra Ínsua e o seu equipo para lograr unha nova maioría absoluta. Só así se poderán levar a cabo todos eses proxectos que cambiarán o noso concello radicalmente e mellorarán sustancialmente as vidas dos nosos cidadáns.

Descarga o programa completo do PSdeG-PSOE de Camariñas

Un programa electoral no que poderás comprobar gran parte dos traballos realizados máis importantes dos derradeiros 4 anos así como tamén os proxectos que queremos desenrolar durante a lexislatura 2019-2022

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *