Chega o turno doutra debutante na lista do PSOE de Camariñas. Trátase de María Jesús Chans, unha veciña da Ponte do Porto nacida en 1965, divorciada e con dúas fillas que son a súa debilidade e avoa dun netiño polo que sinte total devoción. María Jesús ten unha historia vital impresionante, de superación e de humanidade. Coas súas dúas fillas sofreu unha dramática separación da súa parella que a obrigou a é emigrar a Suiza por mor de sacar adiante as súas dúas fillas. Para ela foi moi duro ter que deixar as súas pequenas agora en idade de estudiar no instituto solas, pero a necesidade obligouna a tomar esta decisión para darlle os estudios necesarios para acadarlles a elas un futuro mellor. E así foi. Hoxe en día a nosa candidata pola Ponte do Porto está xubilada e pode gozar outra vez da súa familia na Ponte do Porto e prométenos que non parará ata conseguir mellorar a súa vila natal. Deso estamos seguros.
Boas noites María Jesús ¿Cal foi o motivo para poñerte na política municipal?
O motivo principal é porque son unha muller loitadora e quero facer do meu concello un lugar mellor e despois tamén porque foi a nosa alcaldesa Sandra do Rosquilleiro a que mo propuxo. Eu xa nin o pensei cando mo pedíu e aceptei sin pestañear. Quero traballar dende o PSOE de Camariñas para que os meus fillos e os dos demáis veciños teñan un porvir na súa terra e non teñan que emigrar como eu tiven que facelo. Que é unha vida moi triste deixar todo e ter que marchar polo mundo adiante en busca dun traballo para poder subsistir.
Como ves o Concello de Camariñas a día de hoxe despois de tantos logros por parte dos diferentes gobernos socialistas?
Vexo que hai moitas grandes obras realizadas e moitos proxectos importantes no noso programa, pero eu centrareime moito en reclamar actuacións máis pequenas e en facilitar as cousas cotidiáns dos nosos veciños. Todo o traballo realizado durante estes últimos anos polos gobernos dos grandes alcaldes como Pichurri e Bautista foi impresionante. O cambio que dou o noso concello se o ven os nosos antigos non o cren. Pero ahora temos tamén outras necesidades, e a xente nova ten que ter un futuro sen recurrir á emigración. Por eso cos gobernos de Pedro Sánchez en España e de Sandra Insua en Camariñas este tipo de políticas progresistas serán fundamentais para conseguir este obxectivo. Estamos a un paso de conseguilo sempre que gañemos as eleccións municipais do próximo 26 de maio en Camariñas.
Que cres que necesita o noso concello para afrontar o futuro?
Hai que tratar de que os nosos xóvenes teñan un futuro no noso concello, e para elo temos o goberno de España en mans socialistas e o do concello se todo vai como esperamos tamén. Tan só falta que o noso candidato Gonzalo Caballero chegue finalmente a presidencia da Xunta de Galicia para facer que esto sexa por fin unha realidade.
Como pode o programa do PSOE de Camariñas pode resolver estas necesidades?
Dende o PSOE de Camariñas temos moi claro, e xa o levamos no noso programa como prioritario, que hai que dotar ao Concello de Camariñas de chan industrial para que as empresas podan asentarse e crecer con orden no noso término municipal e podan xerar postos de traballo. Das moitas reunións que tiven cos meus compañeiros de lista constatamos que para elo vamos a contar co total apoio do goberno central así como da Deputación da Coruña.
Que vas a propoñer para a túa parroquia?
Bueno, na miña parroquia meu compañeiro de lista Santi de Chelo ten unha morea de proxectos importantes que realizar na Ponte do Porto. Eu serei un pouco máis práctica no sentido de que me ocuparei de cousas máis do día a día pero que importan tamén, e moito, a todos os veciños da Ponte do Porto. Xa lle aviso a miña querida Sandriña que von a ser moi aburrida e estarei moi atenta a todas as peticións dos meus veciños da Ponte e tamén a todos os baches e imperfeccións que vexa pola calle… (risas).
Como definirías á candidatura da cal formas parte?
Uhna maravilla de xente é a que temos lista electoral do PSOE de Camariñas. Son todos excepecionais, moi boas personas en definitiva. A moitos xa os coñecía pero os máis novos non e estou moi orgullosa de que haxa esta xuventude con ganas de traballar polos demáis como estes rapaces. Son todos moi educados, moi respetuosos e traballadores, e esas son as cousas máis importantes que pode ter unha persoa. Eu fálolles sempre como se fose a súa nai. (Risas)
Que nos poderías dicir da nosa candidata e Alcaldesa Sandra Insua?
Ay, miña Sandriña que tanto vale… non a hai como ela. E a miña Encarna tamén que non descansa un día traballando codo con codo coa nosa alcaldesa para ganar as eleccións. Quen lla dera noutros lados ter a unha persoa da valía de Sandra de alcaldesa. Esta rapaza teno todo: boa nai, boa filla, gran estudiante, sempre tan educada e respetuosa con todo o mundo… todo o que digamos é pouco da nosa Sandra. Vaia a ser unha das mellores alcaldesas de Galicia. Xa verás como vai a ser un exemplo para todos os concellos.
Última frase para animar a todos os veciños a votar pola nosa candidatura
Diríalles a todos os meus veciños da Ponte do Porto e de todo o concello que nos axuden a dar este último paso para lograr a victoria nestas eleccións que son cruciales. Moita xente pensa que xa está todo decidido a favor nosa, pero non é así. Queda moito por facer neste Concello de Camarilas e coa axuda do goberno do PSOE de Pedro Sánchez e da Deputación da Coruña habemos conseguir moitas cousas importantes que cambiarán para mellor a vida dos nosos fillos e netos.