Sandar Insua e Germán Camiño na Praia de Arou

Cartel do Mitin en Arou dos Socialistas de Camariñas

Este sábado ás 19:00 horas, o PSOE de Camariñas dará comezo ao turno de mitins que temos programados por todas as parroquias do Concello de Camariñas. Nestes encontros coa cidadanía trataremos de transmitir a todos os veciños o noso proxecto de futuro para estes vindeiros anos. Como ven sendo tradición nas derradeiras eleccións municipais os socialistas de Camariñas darán o pistoletazo de saída a esta campaña electoral na Perla da Costa da Morte. En Arou saben ben que gracias aos diferentes gobernos do PSOE a súa vila beneficiouse dunha transformación impresionante, chegando a conquerir toda unha Bandeira Azul para a praia de Arou, facendo deste fermoso areal un dos máis importantes da costa coruñesa.

No mitin deste sábado, que se celebrará na Casa da Cultura da Estivada, escoitaremos a concelleira por Arou e empresaria Gemma Pedreira, que fará de mestra de ceremonias para presentar a Germán Camiño que entra novamente na candidatura dos Socialistas de Camariñas por Arou. Finalmente Germán dará paso a nosa candidata á alcaldía do Concello de Camariñas e alcaldesa en funcións Sandra Ínsua Rial, coa cal pecharemos o acto anunciando os proxectos de futuro que o PSOE de Camariñas ten programados para Arou. Dende aquí queremos animar a todos os veciños de Arou a asistir a este encontro para departir amigablemente coa candidatura dos socialistas para o Concello de Camariñas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *