Gran acollida a que lles brindou onte os veciños e veciñas de Xaviña a esta nova candidatura do PSOE de Camariñas no mitin celebrado este domingo 19 de maio na mítica Casa da Sociedá de Xaviña. E é que estamos a falar da parroquia socialista por antonomasia. Daba comezo o acto coma sempre cos videos de presentación da candidatura que arrincaban os espontáneos aplausos do público asistente. A continuación tomaba posición no atril unha das máis gratas sorpresas da historia máis recente da política municipal camariñana, a recén chegada e veciña de xaviñana Belinda Insua. Daba comezo ao seu descurso moi emocionada e agradecida polo gran respaldo que os seus veciños lle outorgaron no momento de recorrer as calles de Xaviña para pedir o voto a esta candidatura da cal forma parte. Belinda fixo fincapé no seu desexo de poñer todo da parte dela para axudar a ter a Xaviña que queren todos e todas as veciñas extensa parroquia de Xaviña. Tamén resaltou a ilusión que lle fai formar parte desta renovada candidatura do PSOE de Camariñas e agradeceu tanto traballo de todos os que a precederon nas candidaturas dos grandes referentes do socialismo camariñáns como son os alcaldes Pichurri e Bautista.
Tomou a palabra Sergio Caamaño actual tenente de alcalde do Concello de Camariñas, dando as gracias pola asistencia e dando moitos ánimos a Don Mario pola indisposición sofrida esa mesma mañá e que ten ingresado ao querido e carismático sacerdote de Xaviña no Hostpital Virxe da Xunqueira de Cee. Facía Sergio un percorrido por todas as obras realizadas e todos os compromisos cumpridos dos anteriores gobernos dos cales formou parte e remataba a súa interlocución presentando á que será a gran protagonista dos próximos anos como alcaldesa deste concello, Sandra Ínsua. Tomou entón a palabra a candidata á alcaldía coa humildade que a caractetiza pedindolle aos veciños e veciñas de Xaviña o mesmo apoio que recibiron os outros dous grandes alcaldes do PSOE de Camariñas, auténticos referentes dunha forma de vivir o socialismo propio deste concello, Bautista e Pichurri ante o cal o público inundaba a Casa da Sociedá cunha auténtica ovación hacia Sandra que, xunto ao resto da súa candidatura remataba un dos mitins nunha das parroquias máis tradicionais do socialismo da Costa da Morte.