O Centro Cultural da Ponte do Porto recibía á candidatura do PSOE de Camariñas cun cheo ata a bandeira na tarde deste sábado 18 de maio. Os representantes da lista electoral pola Ponte do Porto entraban acompañados de José Manuel Lage no recinto onde se celebraba o evento e un fervoroso e espontáneo aplauso dos veciños recibía ao intervintes. Era o prolegómeno que anunciaba o gran mitin, como o de Camelle, que lles esperaba a todos os asistentes.
Chegaba o momento das intervencións dos candidatos e que comezaban coa palabra de Encarna Liñeiro como Secretaria Xeral do PSOE de Camariñas e veciña da Ponte do Porto. Recolía o testigo un dos candidatos desta candidatura Santiago Martínez Roa que, aínda que era o seu primeiro acto público, soubo poñerse ao público no bolsillo en tan só uns minutos. Santi prometeu traballo e dedicación, anunciou que estará pendente de todo canto a xente lle suxira e prometeu que o Campo Municipal da Grixa terá proximamente un novo céspede artificial. Chegaba ao final a intervención de Santi collía o relevo a seguinte candidata pola Ponte do Porto Susa Chans que prometeu diante dos seus veciños que o seu teléfono estará dispoñible as 24 horas do día para o que fixera falta. A intervención de Susa tamén tivo o seu momento de emoción cando lembrou os sacrificios que tivo que facer esta gran muller para sacar adiante as súas fillas unha delas presente no mitin. Era o momento de que tomara a palabra a veciña de Dor Rosana Barbeira que quixo lembrar o gran traballo dos seus compañeiros nestes anos atrás. Tamén tivo unha mensaxe a todos os seus veciños da Ponte, aos cales emplazaba o 26 de maio para votar en masa pola candidatura do PSOE nese mesmo lugar.
Finalmente era o Secretario de Organización do PSOE da Coruña José Manuel Lage o que presentaba á gran protagonista deste mitin, cabeza desta lista electoral e veciña durante tantos anos da Ponte do Porto Sandra Insua Rial que foi recibida cun gran aplauso de todos os asistentes. Sandra, que acudía por primeira vez a un mitin sen nada escrito como ela mesma indicou, lembrou algúns dos grandes proxectos realizados polos equipos de goberno dos que formou parte nos derradeiros catorce anos e subliñou as próximas actuacións que levarán a cabo dende o primeiro día se os cidadáns lle dan a confianza o próximo 26 de maio nas “vitais para a Ponte do Porto” eleccións municipais 2019. Pero tamén quixo meniconar Sandra na súa intervención que estará atenta a todas as suxerencias do día a día dos veciños da Ponte do Porto por moi pequenas que sexan e, tal e como dicía Susa Chans, estará as 24 horas do día dispoñible para atender a todos os que a necesiten. Remataba entre aplausos a súa intervención entre os asistentes entregados e chamaba ao estrado a todos os membros da candidatura que despedía este impresionante mitin do PSOE de Camariñas na Ponte do Porto.
Próximas actuacións do PSOE na Ponte do Porto
- Demandaremos a segunda fase do paseo marítimo e a senda fluvial da Xunqueira
- Construiremos beirarrúas entre o Allo e Xarás, en Curros e pavimentaremos as rúas (Alto do Penedo, Linares, Insua, Pesqueira, Pías, Xunqueira, Lugar de Xarás, Allo e Dor) e reurbanizaremos as prazas de San Roque e do Outeiro
- Instalaremos herba artificial no Campo de Fútbol Municipal da Grixa e dotarémolo dun aparacoiro ao lado do cemiterio
- Construiremos unha Casa da Cultura na Ponte do Porto