Entrevista a Lara Pasantes Campaña, candidata por Camariñas polo PSOE

Entrevista a Lara Pasantes Campaña, candidata por Camariñas do PSOE

Continuamos a nosa serie de entrevistas con outra camariñana que se une á lista electoral do PSOE de Camariñas como número 7 da candidatura. Ela chámase Lara Pasantes Campaña e é unha experimentada palilleira e unha nai emprendedora nacida un 29 de outubro de 1987. A pesar da súa xuventude, temos diante a unha muller que aproveitou moi ben o seu tempo ata o de agora. Estudou técnico de farmacia, aínda que a súa vocación era o deseño e posteriormente diplomouse en arquitectura de interiores. A pesar de estar spbradamente preparada para exercer perfectamente calqueira das especialidades nas que se formou, Lara non se conformaba con traballar para nadie e preferíu crear a súa propia empresa de deseño contemporáneo chamada Fiando Miúdo, especializada en crear artigos de deseño utilizando encaixe de Camariñas que ela mesmo elabora coa súa almohada. E como esta muller é unha creadora nata, ela mesmo quixo facer a súa introducción deste artigo. Aquí vos deixamos co que Lara nos respondeu na súa entrevista.

Hola veciños! Son Lara Pasantes Campaña e, como ben sabedes todos, vivo entre Camariñas e A Coruña pero a miña alma está sempre na miña Agra de Abaixo en Camariñas. A pesar disto, no 2013 chegoume a oportunidade da miña vida e fuime concedida unha beca “Leonardo da Vinci” para realizar prácticas no estranxeiro, concretamente en Malta. Foron meses intensos nos que aprendín a valorar o que temos no noso concello, sobre todo a nosa cultura. Alí nesa isla son bastante machistas, pois teñen moitísima influencia da cultura árabe. A piques estiven de quedar alí a traballar, pois facíanme contrato fixo e todo, pero eu non me vía nin vivindo alí nin falando maltés, e menos deixando os meus palillos e a miña Camariñas! Así que volvín para miña terra onde me puxen a crear a miña propia empresa de obxectos de deseño elaborados co encaixe de Camariñas que eu mesmo fago. Como aficións gústanme moito as manualidades, o bricolaxe, a carpintería… en xeral todo o que teña que ver co traballar coas mans e co deseño. Son unha mente inquieta e gústame moito crear, inventar e probar cousas novas, como un futuro novo para o meu concello.

Lara Pasantes Campaña

¿Cal foi o motivo para poñerte na política municipal?
Foi algo que xurdío dun día para outro, aínda que sempre fun socialista de toda a vida pero nunca me puxera en política porque sempre fun moi reservada e vergonzosa e ainda o son! (Risas) Pero un día falando con Sandra e Sergio nunha reunión referente ao encaixe, deixáronmo caer coma quen non quere a cousa, no momento dixen: non oooooh! (risas) que eu non entendo deso, e agora aquí estón, e agradezcollo a eles por contar conmigo para esto, ainda que entro con moito respeto.

¿Como ves o Concello de Camariñas a día de hoxe despois de tantos logros por parte dos diferentes gobernos socialistas?
O Concello vexoo mellor que nunca, pois fixeronse moitas cousas importantísimas para o desenrolo do concello como o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), o Tanatorio Municipal de Camariñas, a Bandeira Azul da Praia de Arou… e tamén se siguen facendo agora, como a próxima construcción do Centro de Día de Camariñas, pero sí e certo que hai que seguir traballando moito, o Concello debe seguir actualizándose e mellorándose.

Que cres que necesita o noso concello para afrontar o futuro?
Desde o meu punto de vista, o concello está indo moi ben, e está perfectamente adaptado para afrontar o futuro, pero un cambio de ideas sempre é positivo. Traballar sobre o traballado a veces non é bo e este cambio penso que pode ser moi efectivo.

Cómo pode o programa do PSOE de Camariñas resolver estas necesidades?
Para resolver as necesidades, a candidatura propoñe un equipo con caras novas, ilusión, xente xoven e moitas ganas de traballar polo Concello, e por outro lado, propoñe un programa real, e dicir, un programa que se poda cumplir, e non facer un con propostas que a xente quere escoitar, e que despois quede no olvido solo para gañar as eleccións.

Que vas a propoñer para a túa parroquia?
Como xa dixen, téñolle moito respeto a esta nova andadura, mais que nada por adentrarme en algo que é novo para min, e teño aquela cousa de non estar a altura, pero veño con moitas ganas, con moita expectativa pero sobre todo con moitas ideas, e intentarei facelo o mellor que sei. O encaixe é o meu todo e actualmente o meu modo de vida, ou eso intento, polo que respecto a esto podería aportar moitas cousas e ideas novas, ainda que Sergio deixou o camiño ben achandado jeje!

Cómo definirías á candidatura da cal formas parte?
É unha candidatura forte e á vez atrevida, pois somos case todos novos, pero cada un de nos ten moitas cousas que aportar, porque abarcamos moitas áreas. Somos un equipo multidisciplinar e eso é moi positivo. Formamos un grupo moi unido, sempre estamos en contacto e intentamos xuntarnos en moitas ocasións. Encarna está a traballar moito esto, e estón de acordo con ela en que hai que estar unidos e facer piña, eso é o mais importante. Síntome moi orgullosa de formar parte deste equipo pois son todos unhas grandes personas.

Que nos poderías dicir da nosa candidata e Alcaldesa Sandra Ínsua?
Honradez, sencillez, entusiasmo, traballadora e con un corazón enorme. Só teño boas palabras para a nosa alcaldesa Sandra Insua, e o que fale mal dela solo é para intentar perxudicala. É mais, non sei como hai xente que o poda facer, axuda hasta quen seguramente non o merece.

Última frase para animar a todos os veciños a votar pola nosa candidatura
Acudide o día 26 ás urnas, só vos podedes facer posible que Camariñas chegue aos 40 anos de socialismo ininterrumpido. Vota a Camariñas que queres!

Descarga o programa completo do PSdeG-PSOE de Camariñas

Un programa electoral no que poderás comprobar gran parte dos traballos realizados máis importantes dos derradeiros 4 anos así como tamén os proxectos que queremos desenrolar durante a lexislatura 2019-2022

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *