Cartel do mitin na Ponte do Porto do PSOE de Camariñas

Este sábado mitin do PSOE na Ponte do Porto

Este sábado 18 de maio celebrarase o tamén tradicional mitin do PSOE de Camariñas no Centro Cultural da Ponte do Porto. Será a partires das 20:00 horas cando os socialistas nos encontremos cos nosos veciños da Ponte do Porto para transmitirlles os traballos e obras que temos no noso programa electoral para facer na Ponte do Porto nesta próxima lexislatura. No encontro falarán Encarna Liñeiro como Secretaria Xeral do PSOE de Camariñas, Santiago Martínez Roa, María Jesús Chans, Rosa Ana Barbeira e Sandra Insua como candidatos pola Ponte do Porto dos Socialistas de Camariñas. No acto tamén terá palabra José Manuel Lage Tuñas, Secretario de Organización do PSOE provincial da Coruña, que non quixo perderse este sempre importantísimo mitin da Ponte do Porto para o PSOE de Camariñas. Tamén haberá espazo para que os asistentes ao mitin fagan as súas propostas e suxerencias e finalmente compartiremos entre todos un delicioso aperitivo. Esperámosvos a todos este sábado a partir das 20:00 horas no Centro Cultural da Ponte do Porto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *