Preto de 300 persoas no mitin do PSOE en Camelle

Preto de 300 persoas no mitin do PSOE en Camelle

Na tarde deste venres 17 de maio, preto de 300 persoas se daban cita no Museo de Man para escoitar o mitin que o PSOE de Camariñas tiña organizado na vila de Camelle. O acto, presentado pola Secretaria Xeral dos Socialistas de Camariñas tivo un ambiente festivo e distendido no que algúns dos asistentes chegaron a participar activamente neste propoñendo próximas actuacións que deberían levar a cabo o Concello de Camariñas tan pronto fose posible.

Comezaba o mitin Encarna Liñeiro anunciando a estrea dun video de campaña do PSOE que foi aplaudido efusivamente polo público ao seu remate. Recollía o testigo un histórico do socialismo camellán como foi Alejandro Raña, que repasou algunha das obras máis importantes que se fixeron en Camelle cando “non había nada” neste vila. Chegaba o turno entón dos verdadeiros protagonsitas da velada Manuel Arnosi e Begoña Tajes, os candidatos por Camelle do PSOE de Camariñas. Os dous deron un repaso a gran parte das importantes obras e actuacións que se realizaron en Camelle e, sobretodo, centraron o seu discurso nas obras que están por vir e no que van a propoñer que se faga.

A camellana Begoña Tajes, número cinco da lista electoral do PSOE, animaba a todos os seus veciños a que ante calqueira incidencia non dubidaran en coller o teléfono e chamarlle en calqueira momento. Finalmente pechaba o acto a alcaldesa Sandra Insua que, despois dun descurso no que corraborou todos e cada un dos puntos dos candidatos por Camelle, facendo fincapé no gran traballo que se fixo coa recuperación do legado do Alemán que converteu a Camelle nun referente turístico a nivel nacional. Tamén Sandra quixo facer unha hemocionada homenaxe ao seu compañeiro de partido Juan Carlos Canosa, o concelleiro camellán resposable en gran medida do gran traballo que se realizaou en Camelle durante estes derradeiros anos. Remataba finalmente o mitin en Camelle cun gran aplauso a toda a lista electoral do PSOE dos preto de 300 camelláns que se deron cita no Museo de Man.

Próximas actuacións do PSOE en Camelle

  • Demandaremos as beirarrúas en Camelle de Arriba e a cesión da Casa do Mar 
  • Pavimentaremos as rúas transversais á rúa Flaire e os accesos ao paseo marítimo 
  • Construiremos unha pista polideportiva cuberta e cubriremos o parque infantil fronte ao colexio
  • Melloraremos o abastecemento de auga no Canaval e recuperaremos a calidade da auga na praia

Mítins por todas as parroquias

Consulta as datas de tódolos mítins que temos programados. Neles achegarémonos a todas as parroquias do Concello de Camariñas e así poder compartir o noso proxecto con toda a cidadanía como tamén atender as suxerencias dos nosos veciños

Sábado 11 de maio ás 19:00 en Arou, no emblemático Centro Cultural  “A Estivada”. Intervirán:
– Gemma Pedreira, concelleira por Arou no Concello de Camariñas
– Germán Camiño, candidato por Arou dos Socialistas de Camariñas
– Sandra Insua, candidata a alcaldía dos Socialistas de Camariñas

Xoves 16 ás 19:00 en Brañas Verdes (no baixo de Manolo do Jaldeiro) e ás 21:00 en Santa Mariña (no baixo de Manolo de Bautista do Mango) Intervirán:
– Manuel Castro, candidato por Santa Mariña dos Socialistas de Camariñas
– Sergio Caamaño, concelleiro por Xaviña dos Socialistas de Camariñas
– Sandra Insua, candidata a alcaldía dos Socialistas de Camariñas

Venres 17 en Camelle, 20:00 no Museo de Man

– Begoña Tajes, candidata por Camelle dos Socialistas de Camariñas
– Manuel Arnosi, candidato por Camelle dos Socialistas de Camariñas
– Sandra Insua, candidata a alcaldía dos Socialistas de Camariñas

Sábado 18 na 19:00 Ponte do porto. Centro cultural.

– Encarna Liñeiro, Secretaria Xeral dos Socialistas de Camariñas
– Rosa Ana Barbeira, candidata por Dor dos Socialistas de Camariñas
– Santiago Martínez,
 candidato pola Ponte do Porto dos Socialistas de Camariñas
– Susa Chans, candidata pola Ponte do Porto dos Socialistas de Camariñas
– Sandra Insua, candidata a alcaldía dos Socialistas de Camariñas
– José Manuel Lage, 
Secret. Organización PSOE Provincial A Coruña

Domingo 19 18:00 en Xaviña Casa da Sociedad.

– Belinda Insua, Candidata por Xaviña do PSOE de Camariñas
– Sergio Caamaño, candidato por Xaviña dos Socialistas de Camariñas
– Sandra Insua, candidata a alcaldía dos Socialistas de Camariñas

Venres 24 en Camariñas 21:00 Pavilion polideportivo

MÁIS INFORMACIÓN PRÓXIMAMENTE

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *