Temos o pracer de presentarvos nesta serie de entrevistas aos candidatos a outra das xóvenes persoas que compoñen esta renovada lista electoral do PSOE de Camariñas. Trátase de Manuel Arnosi Gándara, un xoven pero moi preparado veciño de Camelle nacido en 1996 que estudou Audioloxía Protésica, un ciclo superior que mezcla as tecnoloxias coa parte clinica e atencion ao paciente en gabinetes auditivos. De estado civil solteiro e que actualmente traballa no sector hostaleiro, aínda que nos comenta que ten moitas ganas de comezar a traballar xa no que realmente é a súa pasión que é o ciclo que estudou. Aquí vos deixamos coa entrevista deste xoven veciño de Camelle de nome Manuel Arnosi Gándara.
Boas tardes Manuel ¿Cal foi o motivo para poñerte na política municipal?
Sempre me gustou a representación pública xa que é moi decisiva para a vida cotiá dos veciños, e cando a nosa alcaldesa Sandra me propuxo ir na lista decidino ao momento. Pero sendo sinceiro conmigo mismo, o motivo principal de poñerme en poítica foi o de ter a oportunidade de axudar a mellorar as distintas parroquias do Concello de Camariñas. Pero en especial Camelle, claro! (risas)
Como ves o Concello de Camariñas a día de hoxe despois de tantos logros por parte dos diferentes gobernos socialistas?
Os ditintos gobernos socialistas tanto o de Bautista como o de Pichurri, conseguiron poñer no mapa a riqueza do Concello de Camariñas: dende o sector primario, secundario e terciario. Dinamizouse o emprego dende distintas iniciativas (axudas, orientación…), melloráronse os servizos á dependencia con iniciativas como o comedor social, irmandámonos con pobos veciños así como outros irmandamentos con pobos extranxeiros e realizáronse viaxes para o intercambio cultural entre as nosas diferentes culturas. En definitiva, adaptouse esa dinámica dun concello do rural como Camariñas cara o século XXI así como todas as demandas xeradas.
Que cres que necesita o noso concello para afrontar o futuro?
Penso que o Concello de Camariñas debería ir gañando terreo nos últimos anos con respecto a outros cara unha estructura de goberno máis organizada, a cal precisa dun aire fresco con iniciativas e ideas que melloren as distintas parroquias do concello. Tamén me gustaría que a administración municipal fose máis social, que mantivese unha relación institucional máis cercana á xente e á vida cotiá dos veciños. Por último temos o deber de coordinar iniciativas cos diferentes gobernos para tratar de levar a cabo o gran obxectivo do noso programa electoral e da nosa alcaldesa que é sinxelamente que toda xuventude do concello teña a posibilidade de traballar e ten un futuro digno na súa terra. Esa é a clave.
Como pode o programa do PSOE de Camariñas resolver estas necesidades?
Nesta importantísima convocatoria electoral o PSOE de Camariñas presenta un programa cheo de propostas que comezan polo máis básico como renovacións nas rúas do noso concello que estexan máis deterioradas polo tránsito rodado así como polas inclemencias do tempo. Tamén propuxemos a mellora dos espazos naturais e sociais municipais como parques e roteiros que permitirán a dinamización do día a día das parroquias, enchéndo de vida as rúas e parques. Con respecto á xuventude e ao seu futuro repito o que comentaron anteriormente os meus compañeiros de lista, debemos sincronizar políticas que fomenten o asentamento de empresas e para elo necesitamos dotar ao concello de solo industrial urxentemente para que estas empresas podan crear postos de traballo e riqueza. Para a nosa candidatura tamén é importantísimo que se desenvolva o futuro do noso mar correctamente.
Que vas a propoñer para a túa parroquia?
A miña proposta para Camelle sería unha aposta cara o turismo no que nos basáramos no acondicionamento de todo o paseo marítimo de Camelle comezando pola zona da Veleta ata o muelle de fora: limpando e reparando zonas que estean castigadas, reorganizando o importantísimo conxunto paseo-praia de Camelle, comprobando o tecido eléctrico de punta a punta e retirando as estructuras que levan tempo desfasadas e sen mantemento e continuando o gran traballo que se fixo estes derradeiros anos coa recuperación e promoción do legado de Man. Ahí temos un filón importante para convertir a Camelle nun punto turístico de primeiro nivel.
Como definirías á candidatura da cal formas parte?
Pois a verdade é que consideroa un completo grupo de persoas moi comprometida: por un lado temos á nosa líder e cabeza de cartel, musicalmente falando, como é a nosa alcaldesa Sandra Insua Rial, toda unha veterana no ámbito da política municipal. Contamos nesta lista tamén con xente vencellada á política por afición ou militancia dende hai tempo e, sobretodo, contamos con xente nova e preparada, con moitas ganas e chea de ilusión por traballar a prol dos nosos veciños. Hai que dicir que a representación por parroquias é a máis equitativa dende hai moito tempo.
Que nos poderías dicir da nosa candidata e alcaldesa Sandra Insua?
Ao igual que moitos rapaces da miña idade, coñecemos bastante ben a Sandra Insua dende hai tempo debido a súa carreira na política municipal. Por exemplo, moitos de xóvenes que estivemos de voluntarios na Mostra do Encaixe de Camariñas temos unha grata experiencia con ela, cun trato sempre cordial e afable a pesares de ser a nosa jefa (risas). Precisamente polo seu carácter e saber estar paréceme a candidata axeitada para defender os intereses de todas as parroquias que conforman o Concello de Camariñas. Ten todo o respaldo da expericencia acumulada ao largo dos anos na xestión municipal, e eso sábeno todos os veciños e veciñas do concello. En conversacións que tiven con outras persoas acabamos considerando a Sandra unha das persoas da Costa da Morte máis preparadas e capaces de levar a representación dun concello.
Última frase para animar a todos os veciños a votar pola nosa candidatura
Confío plenamente no noso equipo e estamos cunhas ganas tremendas de gañar estas eleccións e comezar a traballar a prol do benestar de todos os veciños. Este 26 de maio podes decidir un futuro progresista para a túa parroquia e o teu concello. Danos esa oportunidade e non te defraudaremos.
hi 🙂 bross 🙂