Se as anteriores entrevistas da lista electoral estaban caracterizadas pola xuventude, agora tócalle o turno á veteranía e experiencia. Hoxe falamos con Manuel Castro Pardiñas, nacido en Santa Mariña no ano 1947 e veciño desta vila. Casado e con dúas fillas, Manolo de Santa Mariña foi emigrante como tantos galegos. Despois de tantos anos de traballos e sacrificio, agora mesmo desfruta da súa xubilación na súa Santa Mariña natal aínda que adica gran parte do seu tempo libre a súa paixón, a política municipal.
Bos días Manolo, benvido ¿Cal foi o motivo para poñerte na política municipal?
Todo aquel que me coñece sabe que sempre estiven moi comprometido co meu pobo. Axudar a facer de Santa Mariña un lugar mellor sempre foi a miña ilusión. E agora que teño tempo xa que estou xubilado pois von a adicarme por completo a elo, sempre dende o PSOE de Camariñas que son os valores que me enseñou meu pai.
Como ves o Concello de Camariñas a día de hoxe despois de tantos logros por parte dos diferentes gobernos socialistas?
Pero vamos a ver, non hai máis que ver as fotos de antes e as de hoxe en día para comprobar o que era este concello e no que se transformou gracias aos gobernos socialistas de Bautista e Pichurri. Foi xente que traballou arreo e construiron o que somos hoxe, todo un referente comarcal a imitar para outros concellos. A todos os que votan ao PP dígolles que se acorden de como se vivía antes e que valoren se queren volver a eses mundos.
Que cres que necesita o noso concello para afrontar o futuro?
Eu creo que todos os que integramos a lista electoral do PSOE de Camariñas temos claro que a principal idea que debemos ter clara dende o concello é que a xente poda vivir dignamente do seu traballo en Camariñas. Por eso temos que promover a creación de chan industrial para que as empresas podan xenerar emprego de calidade e a nosa xuventude teña traballo e non teña que recurrir a emigración, que eso é moi triste e eu seino ben. Ademáis disto non podemos olvidar aos nosos maiores… mira que eu son xubilado! (risas) e agora temos a promesa e os cartos da Deputación da Coruña para que financie o proxecto que xa está firmado do Centro de Día onde os maiores podamos pasar o día atendidos por profesionales e desfrutando da compañía dos nosos amigos.
Como pode o programa do PSOE de Camariñas pode resolver estas necesidades?
Pois como che dixen anteriormente temos que sacar adiante como sexa a creación do solo industrial, potenciar o turismo que é unha das principais actuacións que propoñemos no noso programa e non olvidarnos tampouco da rede de comercio de Camariñas, dos nosos autónomos e sobretodo do noso mar e do marisqueo, que son os principais creadores de riqueza do noso concello.
Que vas a propoñer para a túa parroquia?
Entre as cousas típicas de pavimentación e limpezas varias, pois temos un plan para poñer en valor a nosa bonita igrexa de Santa Mariña. É un monumento moi pequeno, pero cun valor incalculable xa que é unha igrexa románica que formaba parte dun monasterio antiquísimo que foi o centro da cristianización da Costa da Morte. Así que mirade ben do que estamos a falar, desde Santa Mariña cristianizaouse a todo o resto da Costa da Morte! (risas). E esto hai pouca xente que o coñece, así que vamos a preparar todo o contorno arredor dela para dar a coñecer toda a historia da nosa Santa Mariña. Tamén animo aos nosos veciños que, se o desexan, utlicen o apartado que temos dispoñible nesta web para propoñer ideas e suxerencias que serán atendidas polo próximo equipo de goberno.
Como definirías á candidatura da cal formas parte?
É un grupo de xente fantástico, moi preparado e con moitas ganas. Ver a estes xóvenes de todo o concello con tanta ansia de facer cousas en beneficio dos seus veciños prodúceme moito orgullo. Estou moi entusiasmado de formar parte desta lista electoral. Sen despreciar a ningún compañeiro dos grandes gobernos que tivemos de Bautista e Pichurri, teño que dicir que esta candidatura está entre as mellores de sempre e formarán un gran equipo de goberno que traballará duro a prol de todos os veciños e veciñas do concello.
Que nos poderías dicir da nosa candidata e Alcaldesa Sandra Insua?
A nosa Sandra é a mellor alcaldesa que pode ter o Concello de Camariñas. Boa persoa, sempre atenta a todos os problemas dos demáis, unha persoa estudiada coa súa carreira de dereito, sempre educada con todo o mundo… Unha xoia en definitiva. E o mellor de todo é que todo o mundo a coñece e sabe que o que digo é verdade.
Última frase para animar a todos os veciños a votar pola nosa candidatura
Somos un concello que sempre foi socialista porque a xente sabe ben quen son os que toda a vida traballaron para un concello mellor e polos dereitos dos veciños. Todo o que poda dicir eu aquí animando a xente xa o saben ben e o día 26 van a deixar ben claro que Camariñas sempre foi e será do PSOE.