Na xornada deste próximo xoves 16 de maio os Socialistas de Camariñas teremos xornada doble de mitins. Ás 19:00 horas estaremos no baixo de Antonio do Jaldeiro para falar e, sobretodo, escoitar aos veciños e veciñas de Brañas Verdes. Alí están citados o candidato por Xaviña Sergio Caamaño e Sandra Ínsua Rial onde trataremos de dar conta de todas as actuacións que levaremos a cabo neste lugar e, como dicíamos, escoitar as suxerencias de todos os veciños de Brañas Verdes.
Despois deste encontro en Brañas Verdes trasladarémonos a vila veciña de Santa Mariña para celebrar o tradicional mitin dos Socialistas de Camariñas nesta vila mariñeira. Será a partires das 21:00 horas no baixo de Manolo, o fillo de Bautista do Mango, cando o candidato Manuel Castro Pardiñas presente ante os seus veciños as propostas para poñer en valor esta encantadora vila de Santa Mariña. Pechará o acto a nosa alcaldesa Sandra Insua que corraborará todas as propostas de Manolo de Santa Mariña así como tamén animará a todos os asistentes a votar nestas cruciais eleccións municipais 2019 no Concello de Camariñas. Esperamos vervos a todos os veciños de Brañas Verdes e Santa Mariña porque, como ben saben nestes lugares, para nos todos os veciños son igual de importantes.