Resumo do Mitin do PSdeG-PSOE en Arou

Na tarde deste sábado 11 de maio, aínda abatidos polo pasamento do que fora Secreatario Xeral do PSOE nacional Alfredo Pérez Rubalcaba, os socialistas de Camariñas dábanse cita en Arou cos compañeiros e compañeiras da Perla da Costa da Morte para celebrar o primeiro mitin da campaña electoral destes trascendentais Eleccións Municipais 2019 en Camariñas.

A Casa da Cultura da Estivada víuse pequena para aloxar a multitudinaria repcepción que os veciños e veciñas desta vila ofreceron á lista electoral do PSdeG-PSOE de Camariñas. Despois dos saludos cos asistentes daba comezaba o mitin a que fora durante oito anos representante de Arou Gemma Pedreira Allo que recibía a primeira ovación do público asistente nada máis subir ao estrado. A empresaria de Arou facía un percorrido por todas as actuacións que durante estes derradeiros anos foron levadas a cabo polo Concello de Camariñas facendo fincapé especialmente na Bandeira Azul que converteu a esta vila do concello nun referente turístico a nivel autonómico. Antes de rematar a súa intervención, Gemma, que estivo aconpañada pola concelleira camariñana María José Gerpe, quixo agradecer todo o apoio ofrecido polo pobo de Arou e tamén tivo conmovedoras palabras de recordo para todos os seus compañeiros que a acompañaron nestes oito anos de periplo como concelleira con Pichurri como alcalde. Emocionada, presentou a Germán Camiño que volve a presentarse como candidato por Arou polo PSdeG-PSOE de Camariñas.

Chegaba o turno de palabra do próximo representante de Arou no concello, que se abrazaba a Gemma despois da súa presentación. Comezaba Germán dando as gracias a todos por asistir e recordando que é o único concelleiro que estivo representando a súa vila cos tres alcaldes socialistas. Os puntos básicos nos que centrou o seu discurso o empresario e candidato por Arou dos socialistas de Camariñas foron as promesas electorales do programa do PSOE de Camariñas:

  1. Creación dunha área recreativa, unha pista polideportiva e unha nova zona de aparcamento para seguir mellorando a praia
  2. Construir unha senda peonil a Lobeiras
  3. Pavimentación da rúa de Arriba, a Agra do Muíño, a rúa de Rocheira e a rúa Rozas
  4. Ampliación do vial de Camelle a Arou pola costa

Despois de desgranar polo miúdo todas e cada unha das actuacións máis importantes que a candidatura do PSOE ten programadas, Germán presentaba á cabeza de lista desta candidatura. Era o turno de Sandra Ínsua, a alcaldesa en funcións e candidata dos Socialistas de Camariñas nestas cruciais eleccións municipais 2019 que, antes de subir ao estrado abrazábase cos seus compañeiros.

Comezaba Sandra a súa intervención rememorando tantas anécdotas que pasara ela cos seus compañeiros dos diferentes gobernos e lembrando todo canto se fixo en Arou. Prometeu traballo e dedicación, unión e humildad para levar a cabo todos eses proxectos que serán realidade na próxima lexislatura cando o PSOE de Camariñas revalide a súa maioría absoluta.

O PRÓXIMO MITIN DOS SOCIALISTAS DE CAMARIÑAS CELEBRARASE O XOVES 16 ÁS 19:00 HORAS EN BRAÑAS VERDES E A CONTINUACIÓN EN SANTA MARIÑA ÁS 21:00

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *